domingo, 30 de abril de 2017

Educaplay

É unha ferramenta que permite a creacción de actividades multimedia interactivas, a cal permite a todos e todas os/as docentes transmitir os coñecementos dunha forma máis entretida e atractiva. Necesitase iniciar sesión para acceder, xa que todas as actividades creadas serán gardadas nesta conta.

Formularios de Google

Os formularios son unha forma moi eficaz para recadar información ou coñecer o nivel de coñecemento que posee o alumnado sobre un determinado tema.

Neste caso,o navegador de Google ofrece esta ferramenta, moi fácil de utilizar, coa cal se poden plantexar unha serie de preguntas con dúas ou máis respostas.

Kubbu

Kubbu é unha ferramenta web gratuíta que require de rexistro que nos permitirá realizar xogos diversos, crucigramas e quizes editables.

Jigsawplanet

jigsawplanet é unha páxina web que desmonta as imaxes en formato img que o usuario introduzca nun cadro de texto. É unha páxina completamente gratuita ainda que permítese facer un rexistro para opcións máis avanzadas.

sábado, 29 de abril de 2017

Deckerix

Deckerix é unha ferramenta web gratuíta que permite editar e crear unha sopa de letras de calquer tipo, añadindo as palabras claves a encontrar e podendo editar o número de filas e columnas.

martes, 25 de abril de 2017

bantu languages

Bantú languages vai permitir aos alumnos con pequenas dificultades nos procesos de aprendizaxe, aprender os números dunha forma innovadora, xa que a función desta aplicación e a de traducir os números introducidos ao Swahili así como en español e en números árabes. Esta é unha páxina completamente gratuita e de fácil acceso para todo o público.

Wordle

Wordle é unha ferramenta que axuda a realizar pequenas lecturas máis amenas a través de transformar o texto nunha imaxe que se asemexa a unha nube de palabras. A función desta páxina é a de cambiar o texto introducido nunha pestaña que contén a a aplicación para que deste modo a lectura sexa máis entretida grazas ao color e aos debuxos. Esta aplicación a súa vez pode axudar ao docente a crear un xogo no que os rapaces busquen as palabras do temario como se verá no apartado de actividades a partir das ferramentas.


luns, 17 de abril de 2017

Olesur

Olesur é unha páxina web que proporciona unha gran cantidade de recursos educativos. Divídese en catro áreas: matemáticas, lingua, artística e intelixencia.
Conta con actividades relacionadas coas competencias básicas destas áreas antes mencionadas, como poden ser un sudoku, unhas fichas de memoria, un texto ao cal se lle teñen que poñer os acentos gráficos. Aparte, non é preciso rexistrarse, polo que a creación das actividades é un proceso moi rápido de levar a cabo.

Motivator

Esta páxina web permite a creación de posters enlazando imaxes e texto, polo que a información está implícita.
Estes carteis destacan pola súa sencillez, á vez que transmiten unha gran cantidade de valores. Para poder elaboralos, o proceso é bastante practico, xa que na propia páxina se indica o procedemento. Unha ferramenta moi útil, debido a súa gratuidade e a que non é preciso facer unha conta para poder comezar a diseñar posters.

Mindomo

Mindomo é unha páxina na cal os usuarios e usuarias poden crear, ver e compartir mapas mentales ou conceptuales colaborativos.
Estes mapas pódense crear utilizando distintas formas, tamaños e cores nos cuadros de texto, así como unha gran serie de conectores que facilitan a comprensión dos conceptos que se intentan transmitir, neste caso a diversidade funcional. Ademais, esta ferramenta é gratuíta, polo que está ao alcance de todos e todas.

martes, 4 de abril de 2017

Formulario sobre as diversidades funcionais

Para coñecer o nivel de coñecemento dos nenos e nenas acerca das diversidades funcionais, decidimos facer en conxunto esta actividade, que consta nun total de 12 preguntas acerca de alguns aspectos que xa vimos.
Gracias a el axudaremos a que o alumnado mostre a súa forma de enfocar o síndrome de Asperger, o síndrome de Down e o trastorno por déficit de atención e hiperactividade dunha forma máis ampla e aberta.

Formulario


Runescape Book